No navegador
A forma máis rápida: abre LectO e comeza a escribir. Non hai que instalar nada nin crear unha conta.
Abrir LectOLectO é de balde, non precisa conta e non ten anuncios. Funciona no ordenador, no móbil e na tableta. Escolle o teu caso e segue os pasos.
A forma máis rápida: abre LectO e comeza a escribir. Non hai que instalar nada nin crear unha conta.
Abrir LectODescárgaa desde Google Play para tela sempre a man, tamén sen conexión a internet.
Descargar en Google Play«Instalar» quere dicir que LectO queda coa súa propia icona, como calquera outra app do ordenador ou do móbil. Ábrese nunha xanela propia, funciona sen internet e podes borrala cando queiras. É de balde e seguro.
Non che aparece o botón de instalar? Non te preocupes: LectO funciona igual de ben abríndoa directamente no navegador, sen instalar nada.
Se queres usar LectO con moitos alumnos á vez, o mellor é que fales connosco. Axudámosche a poñelo en marcha, acompañámoste e resolvemos calquera dúbida, sen custo. LectO sempre é de balde.
Se o teu colexio ten un equipo de informática, tamén pode instalalo en todos os equipos á vez: nos Chromebooks desde a consola de Google Admin, e en Windows ou Mac con ferramentas como Intune ou Jamf. Se queres, guiámoste paso a paso.
Escríbenos